Dende EU entendemos que nunha sociedade plural, con conflictos internos entre os que destaca a clase obreira fronte ó capital, todas as expresións culturais deben ser analisadas baixo o prisma dos intereses que serven.
Para a esquerda non todas as expresións culturais deben ser defendidas, porque cultura tamén son certos espectáculos de maltrato público de animais , o fetichismo relixioso ou caciquismo e non por iso deben ser defendidos.
Celebrar o 1º de maio na Picaraña con concerto de madrugada e actividades diversas polo día, resulta incompatible coas manifestacións obreiras convocadas polos sindicatos.
Parécenos normal e respectamos que os devotos da santa cruz honren os seu símbolos máxicos, inda que denunciemos a manipulación e oportunismo eclesiástico e franquista de trasladar esta festa tradicional do día 3 para o día 1º de maio
Denunciamos con máis motivo, e con todo respecto, que organizacións que se din de esquerdas colaboren nesta manipulación histórica e se desentendan das manifestacións sindicais nun momento de grave recesión económica e laboral.
Non queremos dar con iso leccións de civismo a ninguén, pero sí facer algunhas puntualizacións culturais e demarcar o territorio tamén neste campo, para evitar a confusión.