Cumprimento programa Agra

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a veciñanza do agra indicounos que se atopa indignada e se sinte enganada polo goberno municipal polo incumprimento do seu programa electoral para o barrio”. Esta foi a primeira conclusión da xuntanza mantida, mais os representantes veciñais achegaron moitas outras propostas, que trataremos polo miúdo en vindeiras reunións.

 

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes pregunta o goberno municipal pregunta ao goberno local polo grado de execución do programa electoral específico para o barrio do Agra do Orzan. Concretamente:

1.- ¿Cal é o grado de execución do programa electoral específico para o barrio do Agra do Orzán?

2.- ¿É consciente o concello de que o diagnóstico das necesidades feitas para barrio do Agra do Orzán son erróneas?

3.-¿Ten previsto o concello facer unha avaliación intermedia sobre a consecución do programa electoral específico para o barrio do Agra do Orzán?

Apesares de ter acordado manter diversas xuntanzas para avanzares na presentación de diversas iniciativas sobre o barrio, algunhas solicitudes da veciñanza xa quedaron claras, por iso Esquerda Unida reclama zonas verdes, equipamentos infantís e centros de día para o barrio do Agra do Orzán, os centros de día deben estar equipados entre outras cousas con biblioteca, hemeroteca. Por outra banda se necesita crear lugares de encontro na rúa protexidos das inclemencias do tempo para o esparcemento, espazos verdes con circuítos de exercicios; rúas ben iluminadas e beirarruas amplas.

EU lamenta a opacidade do goberno municipal pois os representantes veciñais insistiron na necesidade de dar a coñecer o proxecto do observatorio á veciñanza, dado que existen moitos claro-escuros sobre que zonas verdes se prevén manter no parque do observatorio, así coma no proxecto de remodelación da Praza das Conchiñas.

Relacionados