Cun 70% de voto afirmativo, o 80% das asembleas comarcais de EU ratificaron o acordo político de converxencia

Cun 70% de voto afirmativo, o 80% das asembleas comarcais de Esquerda Unida constituídas en Galicia ratificaron o acordo político de converxencia con outros suxeitos cos que compartimos espazos de unidade popular.

Este é o resultado do traballo que Esquerda Unida priorizou co fin de dar continuidade ao proceso de acumulación de forzas para este proceso electoral do 20 de decembro.

Dende Esquerda Unida queremos agradecer á nosa militancia e simpatizantes o seu esforzo, traballo e altura de miras políticas para dar continuidade ao proceso de acumulación de forzas para o 20 de decembro.

Hoxe asinaremos a coalición e, estes días, seguiremos traballando na candidatura de consenso que presentaremos antes do día 16 de novembro.  

Relacionados