Currás dimisión

É máis que evidente que tralo proceso xudicial aberto que provocou a súa declaración nos xuzgados e as informacións aparecidas nun medio de comunicación sobre unha posible falsificación de documentos é inadmisible que o actual alcalde siga no seu posto.

Por suposto, como xa espuxemos, non cremos que a substitución dunha persoa solucione o problema que xeran as políticas neoliberais do PP, pero a coherencia dicta que, por respecto aos veciños e veciñas de Santiago, o alcalde de Santiago non poida seguir sendo Ángel Currás.

Lamentablemente, son moitas as actuacións do Partido Popular local que están causando un fondo malestar crecente na veciñanza e que incluso atacan os dereitos constitucionais. Non pode ser que a veciñanza teña que soportar como un alcalde tivo que dimitir por mor dun presunto delito fiscal. Non pode ser que o PP apoiara e promovera a censura que padeceu Leo Bassi para actuar nun local público. Non pode ser que o Partido Popular intentase privatizar as rúas cunha ordenanza ou coarte a liberdade de manifestación con cuantiosas contías pola instalación dun palco como está a acontecer con Queremos Galego.

Por iso, e polas moitas outras actuacións que se poderían expoñer para certificar a nefasta xestión municipal do Partido Popular e pola corrupción que a xustiza está a investigar, reclamamos, unha vez máis, o adianto electoral das municipais, para que a cidadanía teña a voz que permiten as urnas para decidir que futuro político quere para a nosa cidade.

Relacionados