Datos da EPA

Para Esquerda Unida os datos da EPA son a constatación do fracaso do PP e as súas políticas de austeridade para as familias traballadoras e agasallos para a banca e os poderosos. Unhas erráticas políticas de recortes que levan ao país á ruína e a cidadanía a pobreza, como reflicten os datos que amosan a situación de depresión económica que vive o país onde 1.800.000 fogares atópanse con  todos os seus membros sen emprego, unha auténtica situación de emerxencia social. Con todo o PP lonxe de aplicar medidas sociais, recorta en sanidade, servizos sociais e ensino, condenando á exclusión sociais a millóns de persoas.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera lóxico o incremento do desemprego durante o ano 2012 diante da ausencia de políticas encamiñadas a reactivar a economía tanto do goberno central, como da Xunta de Galicia, e do goberno municipal. Así no caso da Coruña abraia observar a nula capacidade para desenvolver políticas que estimulen a economía e promovan o cambio do modelo produtivo. Mentres que a situación galega é aínda máis preocupante que no conxunto do Estado pois o ritmo de destrución de emprego é dous puntos superior a da media do Estado, incrementándose un 15,4% en relación co ano pasado con 37.000 persoas desempregadas, o que supón que na actualidade son 277.400 galegos e galegas que están a vivir un auténtico drama familiar por mor das políticas kamikazes do Sr. Feijoo, abandeirado do PP na aplicación de recortes sociais, unha política que se está a demostrar como suicida é que levará a ruína ao país e a pobreza a cidadanía.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “as 700.000 que engrosaron as listas do paro durante o ano 2012 demostran que a contrarreforma laboral do PP, lonxe de favorecer a creación de emprego é unha máquina de destrución masiva de postos de traballo, cifra moi superior aos dous últimos anos.

Especialmente grave é a taxa de desemprego xuvenil que supera o 55%, así 46.100 mozos e mozas pasaron a engrosar as listas do paro diante da inacción do goberno do PP. Podemos afirmar que paradigmaticamente a xeración mellor preparada da nosa historia, convértese nunha xeración perdida.

 

Relacionados