O paro na nosa cidade incrementouse en todas as actividades excepto no sector servizos, grazas as contratacións temporais para cubrir a tempada do Nadal.
Un dato especialmente preocupante é o incremento do desemprego no sector industria, que dende a chegada do PP ao Goberno municipal incrementouse un 7,39% case tanto como no sector construción onde creceu un 8,55% e mais que no resto de actividades.
A constante perda de postos de traballo nestes sectores evidencia que o sector produtivo coruñés está en grave risco, urxe fomentar dende o Concello un cambio no modelo produtivo local no que se prioricen actividades tendentes a mellorar a competitividade das nosas empresas.
Así pois Esquerda Unida propón acadar un pacto institucional para articular un plan de emprego e desenvolvemento económico local baseado no cambio do modelo produtivo a través de axudas a PEME, autónomos e cooperativas para mellorar a súa produtividade, eficiencia enerxética, nivel tecnolóxico e toma de decisións cara a atopar novos nichos de negocio resultantes do novo contexto económico e enerxético.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera alarmante que o 11,5% da veciñanza coruñesa se atope en risco de exclusión social polo que insta ao Goberno municipal a adoptar un plan de emerxencia social. Porque estes datos do Instituto Galego de Estatística sobre o risco de pobreza refírense ao ano 2010 e amosan que A Coruña é a cidade que máis incremento tivo. E no 2011 os datos económicos foron peores, ao igual que o 2012 semella será un ano durísimo.
César Santiso, indicou que “as previsións económicas xerais, os datos de desemprego locais e un 20% de incremento nos coruñeses en risco de exclusión social evidencian a necesidade de que por unha vez anticipémonos aos acontecementos aos acontecementos e os poderes públicos, neste caso o Concello, apliquen as medidas correctores que reduzan o impacto do que está por caer.
“Si no 2010 máis da metade da veciñanza coruñesa pasaba apuros para rematar o mes, que sucederá este ano cando moitas familias deixen de cobrar o subsidio de desemprego, o Goberno central aplique máis recortes e a carestía da vida e o desemprego sigan aumentando”, preguntouse Santiso.