Datos do paro en Galicia

Xosé Manuel Beiras asegura que os datos do paro son únicamente a punta do iceberg e destaca que a situación vaise agravar ainda máis cos orzamentos para 2013 que destrúen e mutilan os programas destinados a promoción de emprego

O voceiro do Grupo Parlamentario suliñou que as políticas procíclicas do PP o único que conducen é a unha catástrofe social de dimensións increíbles que dará lugar a un reventón social xa que a maioría social non pode aturar a agresión constante

O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, lamentou a “política aberrante” que está a manter o goberno de Núñez Feijoo que está provocando unha situación do paro cada vez máis grave no noso país é son “simplemente o camiño do inferno”.

“Desde que Feijoo asumíu a Presidencia o paro incrementouse en 120.000 parados pero o máis importante é que a política que se está facendo, totalmente aberrante, destrúe a capacidade da xeración de emprego na economía no que depende do sector público e vaise aplicar exactamente igual nos orzamentos do 2013, que destrúen e mutilan os programas destinados a promoción de emprego” explicou o voceiro do Grupo Parlamentario.

Desde Alternativa Galega de Esquerda destacan ademáis que a dimunución do fondo de promoción de emprego será, segundo os seus cálculos, dun 40 por cento respecto do 2012 nos oitos programas que están previstos. O mesmo tempo desmantélanse os servizos como por exemplo no caso dos orientadores laboráis, colectivo de máis de 100 persoas que “suprimen polas boas como se o problema estivese resolto”. A isto súmase os “brutais” recortes en servizos públicos e sociais centrados máis da metade en sanidade e ensino o que vai xerar máis desemprego, temos uns orzamentos que se sitúan o nivel do ano 2.000, hai trece anos.

O voceiro do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda destacou por outra banda a política de investimentos que tamén está a sufrir recortes dun xeito brutal suliñando que “se non hai investimento público non hai formación de aquello que é necesario, de capital para xerar empregos polo menos no sector público”.

“Todas estas cifras son a punta do iceberg porque o paro rexitrado seguramente na realidade estarse a superar a cifra dos 300.000 desempregados unha cifra tráxica para un país da dimensión e estructura demográfica que temos en Galiza” destacou Xosé Manuel Beiras. O voceiro explicou que “estas cifras son relativas ao paro rexistrado dos que non teñen emprego asalariado pero temos todo o sector de autónomos que non consta nos datos do paro e estase destruíndo, o sector agrarío, da pesca, servizos… xera destrucción de emprego que non aparece nas cifras do paro”. Ademáis “hai que engadir a emigración hoxe está tendo por xente moza e cualificada que está a ter o mesmo impacto análogo ao rexistrado nos anos sesenta e iso tamén hai que sumalo. Nos anos sesenta dicíase que a emigración era o aliviadero da emigración que impedía que aparecese paro, hoxe en día esa emigración é ademáis de xente moi cualificada”. Finalmente, destacou o paro encuberto porque hai moitísima xente que ten unha alta cualificación, con titulación que están facendo traballos precarios e non cualificados.

“A política do goberno de Núñez Feijoo de reincidir cuns orzamentos restrictivos que o único que fan é aumentar as cantidades que se deben en débeda pública e os que se destinan ao servizo da débeda pública tanto en amortizacións como en xuros, é simplemente o camiño cara o inferno como dixeron grandes economistas das políticas que se están levando a cabo a nivel europea sempre ao servizo da plutocracia, destrucción do estado de benestar dos postos de traballo e abandono da función que ten o sector público de estimular a economía cando hai unha grande recesión, continuando coas políticas procíclicas coas que únicamente estase agravando o curso descendente deste camiño ao inferno tamén a nivel autonómico” denunciou o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda.

Trátase dunha política económica terrible para a maioría social tal e como destacan os membros do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esqeurda “e o peor de todo é que o orzamento para 2013 vai agravar a situación de xeito que encadearemos cinco anos de caída na actividade económcia, no emprego, no benestar e nos dereitos dos cidadáns”. A propia Xunta aseguran recoñece que no vindeiro ano haberá unha destrucción do emprego do 2 por cento e un aumento dop aro ata chegar a unha taxa absolutamente inaceptable do 21 por cento. Pero desde Alternativa Galega de Esquerda manteñen que a realidade que imos sufrir aínda vai ser peor superando a tráxica barreira das 300.000 persoas en paro.

“Isto a o único que conduce é a unha catástrofe social que vai ser dunhas dimensións increíbles que supoño que dará lugar a un reventón social porque non é posible que a maioría social poda aturar este tipo de políticas constantemente agresivas” Xosé Manuel Beiras.

Relacionados