Datos paro mes de febreiro

Esquerda Unida alerta que no que vai de ano 1162 coruñeses engrosaron as listas do paro, o que supón un incremento do 5%, o sector servizos, de novo, é o máis damnificado cun 7% de incremento de desemprego no que vai de 2013, seguido do sector primario e industria. Curiosamente o sector da construción, no que centra a súa actividade de futuro o goberno municipal (PXOM, PEPRI e outras actuacións relacionadas co ladrillo e o formigón) tan so ten un incremento de desemprego do 0,7%.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno municipal fai unha lectura interesada, errática e autocompracente dos datos do paro, desgrazadamente non existe ningunha serie positiva,senón todo o contraio, seguimos sen ver ningunha luz ao final do túnel”. A única razón que explica que ete mes non se incrementase o desemprego é que no durante o mes de xaneiro a destrución de emprego foi espectacular, nun so mes perdeuse máis da metade dos empregos desaparecidos durante o ano anterior, concretamente o 67% do paro xerado en 2012.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón ao goberno local a creación dun Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores que permita dinamizar a actividade económica en base a potenciar PEME, autónomos e cooperativas. unha ferramenta efectiva que pretende cubrir as necesidades básicas ás que se enfrontan os emprendedores, para que podan centrar o seu esforzo na súa actividade produtiva sen perder o tempo en outras actividades auxiliares necesarias para manter a actividade e rachar así coa barreira burocrática que na practica desaléntea a moitos emprendedores a iniciar unha actividade e bloquea aos que xa a están a desenvolver.

Así, mediante unha taxa que cubra custos de xestión o Concello xestionaría mediante recursos propios e convenios con empresas locais a prestación de servizos administrativos, das TIC (informáticos e comunicacións), de loxística, de asesoramento contable, laboral ou tributario e o acceso a oficinas administrativas en réxime compartido.

O servizo pretende ser un alicerce para promover o cambio do modelo produtivo local e acadar maior capacidade competitiva das nosas empresas, xa que logo, aglutinará a distintos departamentos municipais como os servizos desenvolvidos polos técnicos de emprego, o viveiro de empresas, as políticas activas de emprego, comercio, turismo, formación, contratación e outros relacionados que na actualidade actúan de maneira independente. Con esta reestruturación actuarase de maneira sinérxica e coordinada, ofertando ao tecido produtivo local unha solución baseada nos criterios desenvolvidos polos expertos da economía do ben común, de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), da sostenibilidade e do peak-oil, para que as nosas empresas señan menos dependentes do petróleo, máis competitivas, xeren emprego sustentable de calidade e xeren riqueza local.

Relacionados