Debate estéril sobre centros comerciais

Esquerda Unida lamenta que os culpables da situación actual do comercio local actúen como si non tivesen responsabilidades. Hai que recordar que ao amparo da lexislación da Xunta de Galicia, o concello coruñés promoveu a instauración masiva de centros comerciais por motivos especulativos que so benefician a uns poucos: lembremos tan só as irregularidades cometidas no Marineda Plaza, e as sospeitas sobre as novas clasificacións a terreos pertencentes ao ex-alcalde Paco Vázquez.

En todo caso como o dano xa está feito, o necesario é achegar solucións que permitan unha mellora social, por iso o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes prefire apostar pola emprendedoría en lugar do triste e habitual debate bipartidista baseado en botár as culpas entre pp e psoe, neste caso diante fiasco do dolce vita. Ao non se ter novas da proposta dese experimento, Coruña Night, só cabe facer dúas cousas: ou ben laiarse e sinalar que todos xa o sabiamos, ou tratar de esforzarse por propoñer alternativas. Esquerda Unida opta por esta segunda opción, en lugar de utilizar una situación grave para obter réditos electorais como están a facer algúns, demostrando que o pequeno comercio dálles igual.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”non podemos permitir deixar un mastodonte de formigón inoperativo, neste sentido o Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores podería ser unha alternativa que xeraría emprego”. Este servizo xestionado polo concello, potenciaría e reactivaría a economía local, converxendo nun centro de desenvolvemento económico e empresarial que serviría para xerar redes de apoio entre empresas, que podería crear estratexias de expansión conxunta, dinamizando e potenciando as exportacións, e asegurando o valor engadido que teñen os produtos “made in Galicia” que aquí se producen, aproveitando así a os 175.000 m2 de superficie total que posúe o centro que agora quedarán desérticos.

Por iso EU aposta por utilizar este centro comercial como sede do seu SIAME, dado que considera serviría como unha aposta complementaria ao que ofertan os tradicionais viveiros de empresas, e que a maiores xeraría valor engadido ás empresas. Esta ferramenta, suporía para empresarios, autónomos, PEME e cooperativas, centrar o seu esforzo na súa actividade produtiva.

Relacionados