cartel debate sobre polticas de xuventude.jpg - 51.28 Kb

Debate políticas de xuventude

A Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas ten o pracer de informarvos da celebración dunha mesa debate sobre políticas de xuventude que contará coa presencia de Carlos Álvarez (membro da Área de Mocidade de Esquerda Unida e Secretario Político da Xuventude Comunista), María Torres (Secretaria Xeral das Xuventudes Socialista de Galicia), Javier Dorado (Presidente de Novas Xeracións de Galicia), Iria Aboi (Secretaria Xeral de Galiza Nova) e Laura Sousa (Secretaria de Organización e Portavoz Nacional de Adiante-FPG) que terá lugar o vindeiro mércores 4 de abril ás 19h no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.

 

A Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas plantexa esta mesa de debate coa finalidade de que a dúas semanas das eleccións municipais a xente nova das organizacións políticas do país pronúnciense sobre temas que lles afecta, estructurándose o debate en tres bloques: situación do movemento estudantil, a participación xuvenil en organizacións políticas e consecuencias da crise para o futuro da mocidade

Relacionados