Debate sobre modelo Europeo

Esquerda Unida debate este sábado sobre o modelo de construción europea. O cuestionamento do modelo europeo vixente é unha realidade. A falta de democracia e as decisións tomadas nun órgano conformado por poderes non electos, que toman decisións que condicionan a vida de millóns de persoas, esixen dun debate profundo.

As eleccións europeas son a oportunidade que a cidadanía ten para vencer aos poderes da troika. É a política europea a que decide o futuro do noso país, en Europa é onde se toman as decisións do tax lease, da pesca, da agricultura, en definitiva onde se decide quen será a colonia do sistema. Yolanda Díaz coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira de AGE, manifesta que “solo é posible derrocar á troika cunha fronte común”. Atopamonos nun momento de excepcionalidade e é posible poñer fin ao proxecto neoliberal da unión europea, para elo é preciso construír un fronte de esquerdas que nos permita rematar coa imposición da austeridade para construír unha Europa social e democrática.

O membro do Consello Político Federal de Izquierda Unida, Manuel Monereo que presentará mañá o debate sobre o modelo de construción europea, califica estas eleccións como “o referendo contra as políticas da troika, é unha oportunidade de empoderamento da cidadanía fronte aos dictados financeiros e antisociais que se están a impoñer dende Europa”

 

Relacionados