Declaración de bens

 

Esquerda Unida considera un oportunismo político que o Goberno municipal so publique na web municipal os bens dos membros do grupo municipal do PP. Oportunismo do cal xa fixo gala ao presentar a moción sobre transparencia para publicar na web municipal os bens patrimoniais dos membros da corporación cando xa existía a obriga legal de facer publico anualmente as ditas declaracións, tal e como establece a Lei 8/2007, de 8 de maio, do solo, lei que modificaba o artigo 75 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lembra que foi o seu voceiro o precursor da transparencia declarando o 29 de decembro os emolumentos cobrados durante o 2011 por asistencia a plenos e comisións, xa que o concelleiro renuncio expresamente á dedicación exclusiva que suporía un importe próximo aos 55.000 €. O importe total correspondente ao exercicio 2011 ascende a 5580 € por asistencias a 10 Plenos e 11 Comisións a razón de 360 € e 180 € respectivamente, segundo consta no certificado do Oficial Maior do Concello solicitado polo propio concelleiro. Ese mesmo día o concelleiro anunciou a doazón do 25% dos seus ingresos como cargo público, 1395 €, nunha demostración de coherencia co programa electoral de Esquerda Unida.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “en vista de que o Goberno municipal renunciou a coordinar esta acción encamiñada a gañar en transparencia, xestionei persoalmente a publicación dos meus bens cos distintos servizos do Concello involucrados”, declaración que a modo resumo indica que os meus únicos bens, todos en gananciais coa miña esposa, son: unha vivenda por valor catrastal de 51.410,74 € (cunha carga hipotecaria que teremos que facer fronte incluso cando estea retirado), un Toyota Prius híbrido matriculado no ano 2004 e mercado de segunda mano no 2005 e un Rover 216 GTI matriculado no ano 1992.

 

En canto a aforros, dispoñemos de menos de 10.000 €, tamén en gananciais ao 50%. Así pois, como se pode observar a nosa familia mantense integramente, como o resto de familias traballadoras, do salario percibido polo noso traballo.

 

 Ver declaración de bens dende a web do Concello da Coruña

Relacionados