Decreto anticrise

 

Semella incomprensible que un Goberno que se di de esquerdas presente un decreto anticrise baseado en beneficiar aos bancos, falto de medidas dirixidas a creación de emprego e a prol da privatización dos servizos ligados á Lei de Dependenza.

 

Das 24 medidas incorporadas ao decreto, polo menos 10 oriéntanse directamente a resolver os problemas dos bancos e os grandes grupos económicos vinculados a eles. Esquerda Unida está de acordo en que se aborde con rigor a situación do sistema financeiro, pero considera inaceptable para unha saída social da crise que este sexa o punto de referencia, en lugar do paro. Máis aínda tendo en conta o comportamento dos bancos en relación cos créditos a PEME’s e familias.

 

O coordinador federal de Esquerda Unida, Cayo Lara, comentou que lle parece incomprensible que desaparecera a medida de ofrecer créditos directos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ás PEMES e aos autónomos. Criticou igualmente que as medidas de apoio ás PEMES vaian dirixidas a aquelas cun tamaño significativo e con investimentos no estranxeiro, o que provocará que non teñan gran repercusión na actividade do colectivo.

 

Esquerda Unida entende que é de ilusos pensar que se pode poñer freo aos ataques especulativos dos mercados internacionais con estas limitadas medidas. Só a intervención pública pode garantir a estabilidade do sistema financeiro, como xa fixeron outros países.

 

A xuízo de Cayo Lara, “este documento representa un retroceso sobre o seu precedente e acentúa as insuficiencias para resolver os problemas que a crise provoca na nosa sociedade”. O Coordinador federal criticou tamén que entre as 24 medidas non existe ningunha dirixida á creación de emprego directo, algo que para EU é unha preocupación esencial xustificada, máis se cabe, pola evolución do paro nos últimos oito meses”.

Relacionados