Esquerda Unida, como membro da Plataforma SOS Sanidade Pública, participará na concentración convocada para as 20:00 h. Do xoves no Obelisco da Coruña.
O Área sanitaria da Coruña está a recibir graves recortes de persoal e servizos que repercuten na calidade da atención que reciben os pacientes e alargan as listas de espera.
O consello comarcal de EU Coruña, diante dos recortes en sanidade da Xunta de Galicia, chama a cidadanía a mobilizarse por unha sanidade pública, gratuita, universal e de calidade.
O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “co ensino e a sanidade non se xoga, non podemos aceptar nin un so recorte nestes ámbitos”.