Defendemos un comercio local e facer de Lugo unha “cidade de 15 minutos”

A proximidade é a clave para facer que a nosa cidade teña máis vida, para o noso lecer, para educarse, para gozar, e tamén para realizar as nosas compras. Apostamos por facer de Lugo unha “cidade de 15 minutos”, onde podamos atopar todos os servizos esenciais a un máximo dun cuarto de hora a pé ou en bicicleta. Un Lugo que sexa a suma de barrios autosuficientes, onde podamos atopar todo o que necesitemos sen desprazamentos longos.

O pequeno comercio e o sostén principal da actividade económica na nosa cidade. Lamentablemente, centos de comercios foron pechando as súas portas nos últimos anos, en grande medida pola crise económica de 2008, pero tamén por problemas derivados doutros factores:

  • O elevado prezo do alugueiro de locais e baixos comerciais. A especulación favorece a existencia de prezos inflados, aínda á conta de permanecer desocupados durante anos.
  • O auxe da venda por internet, intensificada pola crise socio-sanitaria provocada pola pandemia. Un problema que acentúan as xornadas de grandes descontos impulsadas polas grandes plataformas de comercio electrónico.

Con todo, o peche de pequenos comercios tamén está influído por políticas institucionais equivocadas que contribuíron á súa desaparición. Que facer desde a institución para favorecer o comercio de proximidade?:

1.- Establecer unha moratoria de grandes superficies comerciais. A apertura constante de grandes superficies comerciais repercute negativamente no pequeño comercio. A pesar de modelos fracasados, como o centro comercial de Abella, o goberno municipal anuncia a apertura de novas grandes superficies na Cheda ou San Fiz. Abrir grandes superficies comerciais é incompatible coa defensa do pequeño comercio.

2.- Rehabilitación dos barrios para asentar poboación. As políticas urbanísticas especulativas dous últimos anos favoreceron, e favorecen, a dispersión da poboación e a proliferación de miles de vivendas baleiras. Na terceira cidade con máis vivendas baleiras, o goberno local planea desenvolvementos urbanísticos de miles de vivendas novas en zonas como Infanta Elena ou a Cheda, trasladando poboación ao extrarradio sen necesidade. O despoboamento afecta ao comercio: ningún comercio sobrevive

nunha zona deshabitada.

3.- Requilibrar os barrios con plans integrais para ou seu desenvolvemento. Os barrios tamén existen. É necesario superar a actual política municipal baseada exclusivamente non centro histórico. Tamén recuperar o centro histórico como un barrio para vivir, porque leva camiño de converterse nun parque temático para lecer, ambiente nocturno e apartamentos turísticos.

4.- Romper a fenda dixital non noso municipio. Garantir recursos, formación e asesoramento necesario para que os pequenos establecementos poidan desenvolver as súas propias “plataformas dixitais”.

5.- Desenvolvemento de programas de apoio ao pequeno comercio. Programas de financiamento, asesoramento e promoción reais, evitando as habituais campañas propagandísticas subvencionadas polo Concello, moi efectistas pero pouco efectivas.

6.- Campañas de sensibilización cidadá para mercar non comercio local.

7.- Interlocución directa co sector do pequeno comercio para chegar a solucións comúns desde o consenso e a participación de todos os axentes.

 

Relacionados