Defensa fábrica de armas

Non houbo que esperar nin cinco días para que a nosa afirmación se ratifique na persoa do delegado do Goberno quen anuncia o que fará o PP lavarse as más como Poncio Pilatus en base ao falaz argumento neoliberal de que é unha empresa privada e os poderes públicos nada teñen que facer.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que si o goberno central non exerce presión sobre a multinacional americana en base a considerala de interese nacional, estará a demostrar a súa covardía diante do grande capital. Efectivamente a actuación de General Dynamics non é máis que unha reprimenda e un chantaxe ao goberno central pola redución de pedidos e a cancelación do contrato de blindados por non cubrir as condicións técnicas. Asemade non debemos esquecer que esta empresa, que obtivo grandes beneficios grazas á privatización de Santa Bárbara en épocas de Aznar, é subministradora de armamento ao Ministerio de Defensa polo que o goberno central ten ferramentas máis que suficientes para presionar á empresa ianqui, e no caso de que a empresa non rectifique a súa actitude, o goberno debe proceder a recuperar Santa Bárbara para o Estado, en base a que a defensa é de interese nacional.

Esquerda Unida esixe unha resposta contundente por parte do goberno municipal logo de que o goberno central se desentendese da problemática da fábrica de armas. Esperamos que o alcalde de resposta ás palabras de Samuel Juarez que pretende eliminar todo tipo de vinculación da empresa co Estado obviando o feito de que nin tan sequera pagaba o IBI.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o PP galego e coruñés presume de músculo a nivel estatal, si o goberno Rajoy obvia as peticións de concello e Xunta, tanto Feijoo como Negreira quedan desacreditados”. Semella fundamental explorar todas as posibilidades existentes para evitar o despedimento dos 174 traballadores e traballadoras e a perda dunha empresa punteira en tecnoloxía e en investigación, desenvolvemento e novación (I+D+i) dispoñendo incluso convenios de colaboración coa propia Universidade. Temos que atopar solucións que permitan rendibilizar todo o potencial que ten a fábrica de armas incluso abarcando usos civís.

Relacionados