Deficiencias liña 23 do bus urbano

 

Na dita Asemblea puido constatar as grandes necesidades en canto a dotacións, equipamento e infraestruturas básicas dun barrio que os seus veciños e veciñas pretende mellorar a través das ferramentas de participación cidadá que Esquerda Unida – Os Verdes pon a súa disposición.

 

Esquerda Unida esixe a intervención do goberno municipal diante das eivas no servizo público de transporte colectivo desenvolvido pola Compañía de Tranvías.

 

Esquerda Unida esixe ao goberno municipal para que se mellore o servizo da liña Nº 23, tanto na súa frecuencia como para que poidan cubrir determinadas zonas ás que non acceden os veciños.

 

A veciñanza da zona do Coliseum, Carrefour, Feira de Mostras e rúa Féliz Acevedo atópanse totalmente incomunicados, xa que carecen de transporte público. A liña Nº 23 de autobuses urbanos que debería cubrir esas zonas, non circula polas devanditas zonas. Asemade, os veciños e veciñas da zona da Cabana, Martinete e Someso, donde atópanse os Centros de FP e a Escola de Música e Ensaio, quéixanse da escasísima frecuencia de devandita liña, que é de 1 hora, o que representa unha perda de tempo moi grande nos seus desprazamentos diarios.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno municipal polas deficiencias da liña nº 23 na zona do barrio do Birloque e da carencia de infraestruturas nas paradas de devanditos autobuses que se atopan sen marquesiñas, sinalización adecuada e pantallas indicadoras de frecuencia. Tamén debería corrixirse a localización de ditas paradas para facilitar a utilización dos autobuses por parte da veciñanza.

 

Por outra banda, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “moita xente pídenos que actuemos no seu barrio e quéixanse de que centramos a nosa actuación no Birloque, rógolles un pouco de paciencia, so temos un concelleiro e moita labor por diante, a nosa forma de traballar e desenvolver todas as iniciativas que emanan de cada Asemblea de Barrio, antes de pasar ao seguinte barrio, o vindeiro mes actuaremos noutra zona necesitada”.

Relacionados