Eivas dos puntos de encontro

Esquerda Unida considera necesario que a Xunta repare de urxencia as deficiencias materias e humanas dos Puntos de Encontro Familiar. O propio Valedor do Pobo aperturou nestes anos varias queixas de oficio para investigar o estado dos puntos de encontro familiar no noso país, logo das denuncias acaecidas ao respecto. Así, xa no 2009 caracterizou as eivas máis salientables: saturación, imposibilidade de realizar un traballo mediador para normalizar as relacións de parella dos proxenitores, a descoordinación ou a necesidade de mellorar os recursos e a seguridade constitúen algunha das carencias detectadas.

O grupo parlamentar de AGE, a través da deputada de EU, Yolanda Díaz, presentou unha Proposición Non de Lei para que o goberno galego desenvolva unha auditoría sobre todos os Puntos de Encontro Familiar. Chamamos a atención sobre a necesidade do rigoroso cumprimento dos principios de actuación que regulamentan a estes centros, onde se prescribe a neutralidade, entendida esta como a non vinculación a ningún grupo ideolóxico, político ou relixioso. a PNL di literalmente:

O Parlamento Galego insta ao goberno galego a realizar unha auditoría sobre a totalidade dos Puntos de Encontro Familiar galegos de maneira que se actualice a información dos centros no que atinxe a súa plantilla e cualificación, medidas de seguridade, idoneidade dos equipamentos, capacidades e modelos de xestión, e nomeadamente o grao de cumprimento do Decreto 9/2009 en particular o que se refire ao punto 5.D , e os protocolos de actuacións coas policías.

O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a programar e orzamentar un plano de actuacións urxentes que reparen as deficiencias materiais e humanas dos devanditos centros.

O voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes na Coruña, César Santiso, indicou que ”o que está acontecer no punto de encontro coruñés é moi grave, incluso carece da perceptiva licenza de apertura, a Xunta debe resolver de inmediato as eivas en materias de seguridade.

 

Relacionados