Esquerda Unida solicita ao Goberno municipal que solucione as deficiencias na ponte de Alfonso Molina, para evitar un problema de seguridade para os viandantes e incluso para os vehículos que circulan por debaixo dela.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “logo das denuncias da veciñanza, membros de Esquerda Unida achegáronse ata a ponte e constataron o deterioro da varanda da pasarela peonil, o que atopamos ao visitar o lugar foi entre outras: barras rotas, barras torcidas e moitas oxidadas como se pode observar nas imaxes achegadas.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrará unha pregunta de resposta escrita para saber se ten previsto reparar a varanda da pasarela peonil de Alfonso Molina. Concretamente:
“1.- Ten o goberno municipal constancia do estado no que se atopa a ponte de Alfonso Molina?
2.- Ten analizados os riscos e perigos que supón para os viandantes e conductores?
3.- ten previsto algún tipo de solución para emendar os problemas estruturáis da ponte?”