Déficit de mobilidade peoníl

 

A Asemblea, que contou coa colaboración da directiva da asociación de veciños “Os Anxos”, convocouse á veciñanza da zona do Birloque para facilitar aos cidadáns un canle de comunicación efectivo que permita á participación da veciñanza na decisión sobre as prioridades en investimentos municipais no barrio.

 

Na devandita Asemblea, entre outras iniciativas, os veciños acordaron transmitir ao Goberno municipal a inexistencia de pasos de peóns e beirarrúas na zona, xa que logo Esquerda Unida denuncia déficit en mobilidade de peóns e no transporte público colectivo no Birloque. A zona ten un grande déficit en canto a dispoñibilidade de transporte público colectivo. O devandito déficit é especialmente graven a zona de Joaquín Planells carece de paradas de autobuses a unha distancia razoable das vivendas e na zona do CIFP Someso onde a veciñanza propón incrementar as frecuencias dos autobuses que teñen como destino o CIFP Someso (antiga Escola Acelerada), xa que a cadencia actual, dun autobús por hora, non é suficiente e moitos profesores e alumnos teñen que desprazarse nos seus automóbiles particulares.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solicitará ao Goberno municipal a través dunha preguntará no Pleno do Concello o desenvolvemento dun estudo de movementos peonís na zona que culmine na construción de beirarrúas, pasos de peóns e valados de protección de terrapléns nos lugares onde se necesiten.

 

O Voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “nin o Goberno municipal actual, nin o bipartito nin os Gobernos do PSOE realizaron un estudo de movementos peonís na zona do Birloque”.A consecuencia é que se carece de beirarrúas e pasos de peóns en moitas interseccións o que imposibilita realizar desprazamentos entre distintos puntos de zona e sobre todo cara ás zonas comerciais, recinto feiral e Universidade sen ter que circular por estradas, o que supón un perigo para os peóns pero sobre todo para os maiores e os pais e nais con carretos de bebé.

 

Na fotografía pódese observar que unha zona de gran tráfico de peóns como a observada, carece de beirarrúas e pasos de peóns nos lugares de cruces máis evidentes, e os camiños de terra utilizados bordean terrapléns sen protección.

Relacionados