Deixadez municipal

 

Este vello inmoble fabril resta nunha situación de abandono que debería mover á concellería de urbanismo a actuar para pór remedio a situación. Concellería que ten que reaccionar e pór en funcionamento efectivo as normas legais aprobadas polo concello para previr situacións como a que hoxe denunciamos.

Este Grupo Municipal ten que caracterizar como desleixo e abandono a non actuación dun Goberno Municipal que non fai nada e deixa que a cidade se veña abaixo, nunha parálise que rende froitos somentes aos especuladores, pero non á cidade, cuxa imaxe padece pola base, e a unha veciñanza que contempla con mágoa esa deriva. A normativa municipal de inspección técnica de edificios prescribe – cómpre lembralo – o deber básico dos propietarios de manter a edificación nas debidas condicións de salubridade e seguridade, obrigas derivadas da función social da propiedade que se recolle no artigo 33.2 da Constitución.

A situación real da vella fábrica evidencia que non se garante a salubridade, porque o estado de abandono non garante a hixiene da parcela; o abandono que padece o inmoble pon en cuestión a estabilidade do mesmo e que non provoque riscos para a integridade das persoas; e padece tamén o debido ornato, porque a ruína do inmoble compromete a imaxe da cidade.

 

Yolanda Díaz insta ao Goberno Municipal a cumprir coa legalidade e tanto desenvolver as previsións contidas na ordenanza de inspección técnica e na ordenanza de soares. Preguntámonos que informes de inspección técnica ten o inmoble e cales son os requerimentos do concello para co propietario diante da situación de abandono evidente no que se atopa.

 

O deber de rehabilitar se recolle no artigo 2 da ordenanza de soares e semella evidente o seu incumprimento. Esquerda Unida urxe ao Goberno Municipal a realizar o censo de soares para pór en marcha tamén as prescricións que se derivan desta normativa.

 

Relacionados