ferrol.gif - 5.79 Kb

Demandas barrio de San Xoán

 

A nosa organización recibiu un amplo catálogo de demandas insatisfeitas da entidade veciñal, reclamacións que non deixan en bo lugar ao Goberno Municipal, que non é quen de resolver as pequenas obras necesarias para mellorar a calidade de vida nos barrios, humanizalos e deste xeito construír unha cidade para a veciñanza e a relación social.

Queremos chamar a atención acerca da necesidade de concluír a segunda fase das beirarrúas do Campo do Chao, que une San Xoán coa parte baixa das vivendas sindicais de Santa Mariña. A nosa organización é coñecedora de que xa se pode realizar alomenos na parte dereita a beirarrúa, porque xa están cedidos os terreos. Nós urximos ao Goberno a comezar rápidamente esta acción. Aínda neste espazo segue pendente de resolución a retirada do postes de tendido eléctrico, denunciados nunha moción aprobada no Pleno hai xa varios meses meses. Tamén demandamos que se proceda a continuar as beirarrúas da rúa Souto, logo de pasar a rotonda da autoestrada. Unha situación semellante, de falla de urbanización, padece o Paredón, que resta sen beirarrúas. Esquerda Unida reclama un plan de actuación do Goberno Municipal, cun cronograma de actuacións, para resolver estas fallas na urbanización de varias rúas.

Javier Galán, que encabezou a delegación de Esquerda Unida, salienta tamén a imperiosa necesidade que ten o barrio para eliminar o tapón ( conformado por unha vivenda ) que corta o desenvolvemento da rúa Río Xubia. Esquerda Unida entende que hai que completar o desenvolvemento da rúa até a súa desembocadura na estrada de San Xoán.

Esquerda Unida noutra orde demandas fai súa a esixencia de que se continúe o paseo no río Inxerto. Demanda veciñal que permitiría mediante a fórmula dun túnel ou dunha pasarela salvar a autoestrada que o corta. As actuacións humanizadoras semellan fundamentais para artellar este barrio e gañar calidade de vida nos espazos públicos do mesmo.

Por último, Esquerda Unida reclama a dotación dun espazo novo que permita atender a realidade de cursos e participación da veciñanza do barrio e que na actualidade xa non teñen cabida no espazo do local veciñal. Os diferentes cursos ofertados pola asociación requiren da ampliación do espazo de acollida. EU pídelle ao Goberno Municipal sensibilidade para atender unha demanda da entidade veciñal directamente conectada coa notable afluencia de persoas a estas actividades veciñais.

Relacionados