Javier Galán avanzou a disposición de Esquerda Unida para defender a necesidade de aumentar o orzamento para a Zona Rural ate acadar un millón de euros. O formulamos cando gobernou o PSOE e seguimos a defender esta necesidade cando goberna o PP. Son outros os que cambian de parecer de xeito oportunista segundo gobernen ou non, sinalou o concelleiro de EU.
A Federación e Esquerda Unida compartiron a necesidade de acometer sen máis dilacións o proceso de saneamento integral das parroquias do rural que aínda adoecen de este servizo esencial. Este ano o PP o malgastou sen facer nada. E agardamos que haxa cambios neste exercicio. Do contrario nos van ter que aturar coas mobilizacións que sexan necesarias.
Coincidencia houbo tamén en demandar unha substancial mellora nas liñas e frecuencias do transporte público que chegan ao rural ferrolán. Tamén neste sentido, o ano 2012 foi perdido, porque somentes houbo declaracións en prensa que non tiveron tradución alguna en feitos
Doutra banda, ambas entidades compartiron a necesidade de aumentar a frecuencia da limpeza das gavias ou cunetas; en canto supón unha mellora na seguridade vial e contra o lume cómpre non escatimar uns euros que logo se volven contra a seguridade da nosa veciñanza.
En resumo, EU reclamou no transcurso da reunión celebrada este martes pasado un compromiso real do goberno do PP coa veciñanza do rural, e afirmou a disposición da formación de esquerdas e ecoloxista a batallar pola consecución dun nivel de servizos públicos semellante.






