Demolición edificio de Fenosa

 

 

Esquerda Unida entende que os compradores das vivendas e baixos comerciais do edificio de Fenosa son os grandes damnificados desta irregularidade urbanística do concello, pero vivimos nun estado de dereito no que todos e todas temos que cumprir coa legalidade vixente, polo que esixe ao Goberno local que execute a sentenza de demolición do edificio de Fenosa ditada xa no ano 2001.

 

Xa que logo, o Consello Comarcal de EU Coruña solidarizase cos donos do inmoble e solicita ao concello que inicie de urxencia os trámites para concederlles a indemnización por danos e prexuízos que lles corresponde.

 

Para Esquerda Unida os poderes públicos deben dar exemplo a cidadanía nas súas actuacións, por elo considera inaceptábel a estratexia de demora que está a desenvolver o Goberno local co apoio da oposición como queda claro na esixencia de eficacia no recurso de súplica do PP local. Non cabe dúbida que o concello ten dereito a exercer a súa defensa ata as últimas consecuencia, pero neste caso é evidente que a súa única intención é a dilación do proceso, pois non existe argumentación posible que permita defender a outorgación dunha licenza cando o PXOM vixente deixaba fora de ordenación o devandito inmoble. Así, o PXOM tan so permitía obras de conservación e mantemento, con todo o concello outorgou a Fadesa unha licenza para obras de reforma integral e cambio de uso de oficinas a vivendas, no que representa unha eiva urbanística máis do concello coruñés, gobernado por aquel entonces polo PSOE en maioría absoluta.

 

O Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, demanda que se depuren responsabilidades tanto dos cargos públicos como do persoal técnico implicado neste escándolo urbanísitico, que suporá un enorme custe para as arcas municipais. Así, unha vez máis, os coruñeses e coruñesas temos que facernos fronte dos desmáns dalgúns cargos públicos que en lugar de velar polos intereses da cidadanía e o cumprimento da xustiza, representan ao poder económico.

Relacionados