Denuncia agresion homofóbica

Manifestamos a nosa total repulsa ao ataque homofóbico padecido, no pub TNT de Santiago, polo cocordinador de ALEAS-EU e membro deste Consello Comarcal, Noel Dopazo Vázquez, e o seu compañeiro.

Por desgraza, pese aos avances conseguidos, aínda queda moito por facer para acadar que o respecto aos dereitos do colectivo LGTBI e a tolerancia sexan unha realidade nesta sociedade. Esixindo que a xustiza actúe coa contundencia debida ante calquera ataque LGTBIfóbico, e aínda sendo esta actuación da lei importante, no é o único camiño a seguir.

Mentres en calquera escola a palabra “maricón” sexa utilizada como o insulto máis repetido, mentres se permita que a Igrexa Católica prosiga coa súa LGTBIfóbia, mentres saír do armario para moitas persoas siga sendo unha tortura, queda moito por facer.

Por iso tanto dende o Concello, como dende calquera outra administración pública, é necesario realizar campañas de concienciación e sensibilización para acadar que a igualdade real, máis aló dos papeis onde se escriben as leis, sexa unha realidade na sociedade.

Por exemplo, como xa pedimos en diferentes iniciativas, hai que levar a cabo medidas contra o acoso escolar homofóbico, promovendo charlas nos centros de educación de primaria e secundaria contra a discriminación ao colectivo LGTBI

Tamén pedimos a creación dun servizo municipal de promoción da saúde sexual ou que se despatoloxice a transenxualidade e outras moitas medidas que dende o Concello se poden facer para loitar contra a LGTBIfobia.

Relacionados