Denuncia veciños de Monte Alto

Sen embargo, entenden a lexislación vixente segundo os seus intereses esquecendo artigos do Regulamento de participación cidadá e da Lei de bases do réxime local que poñen de manifesto o dereito de todos os veciños a participar nas sesións do pleno.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “que  a denuncia a sete veciños de Monte Alto, por parte do goberno local,que amosaron carteis contra a especulación en Durmideiras durante a sesión plenaria do 6 de agosto do ano pasado é un signo claro da maneira que ten o pp de entender a democracia”.

César Santiso, que se solidarizou cos veciños e veciñas denunciados, considera abusivo que se denuncie a cidadáns por facer uso dun dereito que lles pertence por lei e que se intente afogar economicamente a unha institución, primeiro coa retirada do convenio para pechar a biblioteca e despois denunciándoos para que destinen os seus recursos en sufragar os custos do procedemento xudicial.

Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal pretende socavar a participación cidadá mediante coaccións, provocando na veciñanza unha sensación de medo a participar na actividade pública que de modo algún se pode consentir.

Dentro deste elenco de accións que amosan unha evidente falta de espírito democrático, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o goberno local está a coaccionar aos cidadáns a participar na vida pública a través da súa asistencia aos Plenos.

 

Relacionados