Denuncia electoral en Lugo

O deputado parlamentario, Ramón Vázquez, testificará mañán no xulgado de instrucción nº 2 de Lugo en relación á denuncia presentada polo carrexo de votos efectuado por recoñecidos membros do Partido Popular en Lugo durante a pasada xornada electoral nas eleccións autonómicas galegas. Tamén testificará Carlos Portomeñe, coordinador de EU-Lugo, e tamén testigo dos feitos denunciados.

O deputado parlamentario denunciou ante a Xunta electoral o traslado de anciáns desde o asilo de San Roque a oficiña electoral ubicada na rúa Río Neira e que estaban a facer recoñecidos membros do PP en Lugo entre os que se atopaban José Luis Iravedra, ex presidente do PP en Lugo, e Teresa Taboada, ex concelleira popular en Lugo.

 

 

 

Relacionados