A nosa organización quérese facer eco deste malestar das e dos veciños diante duns verquidos que producen alomenos un terrible cheiro e sobre os que semella necesario cursar unha investigación acerca da súa procedencia. As impresións da veciñanza os relacionan con algunha das empresas instaladas no Porto Exterior.
Obra no noso poder unha mostra do areal de Cariño que non deixa lugar á dúvidas acerca do inaceptable da situación, que imposibilita o emprego deste areal para a vida cidadá.
Esquerda Unida quere demandar da Concellería de Medio Ambiente que esclareza canto antes os repetidos incidentes medioambientais que están a producir trastornos na veciñanza e que comprometen o areal de Cariño.
No entanto, o no Grupo Municipal quere requerir do Goberno Municipal unha rápida acción de limpeza do devandito areal. O noso Grupo Municipal interesarase por estes incidentes na vindeira Comisión de Medio Ambiente.