Denuncia da tala de árbores

O custo desta actividade elévase a 10 millóns de Euros en 2012 e unha xeración de postos de traballo moi pouco relevante, aprox. 100 postos de traballo durante 4 meses. EU considera que de novo A Cidade de Vigo esquece que pertence á Rede de cidades para o Clima dende 2007 da que o  Alcalde de Vigo foi Presidente durante 3 anos e que defende o mantemento da superficie arbolada fronte as chamadas “áreas verdes” en ocasións simples plantacións de céspede sen máis espazo vexetal.

ESQUERDA UNIDA lembra que a VI asemblea da Rede preocupouse da sostibilidade e utilizou como eixes: a mobilidade, a edificación e planificación urbana, así como a enerxía e a xestión de residuos. Amparado neste concepto, de resultado máis que dubidoso, se procede en Vigo con frecuencia á talla de árbores, porque, supostamente, molestan ao ámbito.

Nunha das cidades máis ruidosas e mais contaminadas de Galicia co espazo arbóreo mais exiguo da CC.AA. é, polo menos, impresentable que se tale unha soa árbore e menos poñendo a “humanización” por bandeira.

Dende Esquerda Unida queremos presentar a nosa mais firme repulsa a esta forma de proceder dun Goberno Municipal insensible aos problemas medio ambientais. Non esquezamos que a devandita humanización xera retencións de tráfico co conseguinte incremento de contaminación e ruído. Se a iso lle engadimos a redución de espazos verdes estamos a socavar a sostibilidade sen achegar nada a cambio.

 

 

Relacionados