Deposicións fecais de cans na vía pública

 

 

“Os donos de cans e gatos han de adoptar medidas para que as deposicións fecais dos animais non ensucien as beirarrúas, zonas de viandantes, parques e en xeral calquera destinado ó transito de peóns.Os donos de cans e gatos son os responsables de recoller convenientemente os excrementos mediante bolsas de plástico ou de papel ou recolledor especilamente indicado para iso e depositalos nos colectores”

 

Queda prohibido deixar as deposicións fecais de cans nas vías públicas, en zonas verdes e en xeral, en calquera lugar destinado ó tránsito de peóns”.

 

Porque na práctica Mugardos se atopa cheo de deposicións fecais de cans, o que está a convertir o noso pobo nun lugar non apto para o paseo ou para os xogos das/os pequenos.

 

Demandamos unha urxente campaña informativa por parte do goberno municipal sobre o contido da ordenanza e a aplicación posterior do capitulo correspondente a sancións, que ven regulado na ordenanza citada,  no seu artigo 21:Constitúen infraccións leves, no apartado k: a non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública, e que poden ascender segundo o artigo 17.2 de 30,05 a 90,15€.

 

A capacidade para incoar e tramitar expedentes polas infraccións cualificadas como leves será realizada polo concello e a imposición das sancións previstas para as mesmas correspóndelle ó alcalde, segundo o artigo 18 da citada ordenanza.

 

Polo tanto si Mugardos quere disfrutar dos espacios públicos de convivencia común e promocionarse como pobo turístico non pode estar cheo de deposicións de cans, como pasa agora.Demandamos do Alcalde que cumpra a ordenanza e non deixe que o abandono se apodere dos espacios públicos.

 

Nota: Adxuntamos foto tomada no día de hoxe no paseo que vaí á praia da Bestarruza.

Relacionados