Depuración das augas residuais

É ben sabido que boa parte da poboación do Concello de Ponteareas atópase en núcleos dispersos, feito que dificulta a implantación do saneamento na totalidade das parroquias. Actualmente existen medios de depuración non convencional adecuados a pequenos núcleos de menos de 2000 habitantes que requiren baixos custes de instalación e mantemento que permiten a devolución ao medio das augas residuais tratadas nunhas condicións óptimas ademais de supoñer un baixo ou nulo consumo enerxético. A implantación deste tipo de depuración nos núcleos permitiría, por outra banda, abordar o problema da depuración das augas residuais no menor tempo posible.

Por todo isto, Esquerda Unida solicitou na alegación que en lugar de derivar todas as augas residuais das áreas industrial e das parroquias que actualmente non contan con rede de saneamento se faga un estudo para cada unha delas do método de depuración natural máis adecuado.

Relacionados