Hoxe 28 de xaneiro será tratada na comisión de peticións do Parlamento europeo en Bruselas a petición 260/99 que aborda os problemas relacionados coa actual depuradora do Lagares e o seu impacto na contaminación da ría de Vigo. Un representante da Comisión de Afectados pola depuradora do Lagares intervirá na devandita comisión a invitación do eurodeputado de IZQUIERDA UNIDA Willy Meyer, membro da comisión de peticións e que ten abordado dende vello o problema da E.D.A.R. do Lagares que incluíu unha visita á mesma no verán do ano pasado.
O intervinte informará á comisión de que o emplazamento da nova depuradora no mesmo lugar ca actual é ilegal, redunda nos mesmos problemas de depuración de augas residuais e malogra miles de euros de fondos europeos adicados dende máis dunha década.
De igual xeito Willy Meyer manterá unha xuntanza coa delegación dos veciños e veciñas de Coruxo para recabar máis información sobre o proxecto e execución da nova depuradora a fin de empezar un traballo de denuncia da ilegalidade da obra, así como dos problemas de salubridade das augas da ría durante o proceso de construcción
ESQUERDA UNIDA ten dende años denunciado a política de depuración de augas residuais no concello de Vigo que están incidindo de xeito preocupante nun ecosistema tan fráxil como é a Ría.