Deputadas

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea

Cursou estudos de primaria no CEIP Canicouba, secundaria no IES Santa Irene e diplomouse en enfermaría na Escola Universitaria pública do Meixoeiro. Traballaba como enfermeira no Servizo Galego de Saúde. Secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG) e, dende xuño de 2016, coordinadora nacional de Esquerda Unida.

Foi deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia. Actualmente é vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea.

Contacto:
Correo electrónico: eva.solla.fernandez@parlamentodegalicia.gal
Twitter:  @eva_solla
Páxina de Facebook

 

Yolanda Díaz, deputada de En Común Unidas Podemos

Yolanda Díaz Pérez naceu no barrio obreiro de San Valentín, en Fene. Avogada en exercicio, milita no Partido Comunista de Galicia e Esquerda Unida dende moza. Foi coordinadora nacional de Esquerda Unida, da Executiva Nacional do PCG e do Comité Executivo do PCE. Concelleira en Ferrol entre 2003-2012, ocupou a responsabilidade de Cultura e Turismo, xunto coa primeira tenencia de alcaldía, durante 2007 e 2008. Despois foi deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia e deputada de En Marea no Congreso dos Deputados. Actualmente é deputada de En Común Unidas Podemos.

Contacto:
Twitter: @Yolanda_Diaz_
Páxina de Facebook