Dereito ao matrimonio homosexual

A norma aprobada en 2005 recolle unha arela compartida e fai posible unha igualdade legal que somentes a teimuda lectura confesional e reaccionaria do PP se nega a asumir como algo positivo e desexable. Como un triunfo dos dereitos civís que temos como cidadanía deste Estado.

Na decisión que hoxe adopta o Tribunal Constitucional non están en xogo as máis de vintedúas mil unións matrimoniais homosexuais celebradas ao abeiro da norma legal que o PP pon en cuestión; trátase de resolver sobre os dereitos civís da nosa cidadanía e da amplitude do réxime laico e incluínte que unha sociedade sen hipotecas  confesionais ten dereito a disfrutar.

Esquerda Unida avoga por construír as máis amplas alianzas políticas e sociais para deter a espiral reaccionaria, antidemocrática e antisocial que expresan en todos os eidos da vida social as actuacións do PP.

Logo desta sentenza histórica, Yolanda Díaz reclama do PP o máis exquisito respecto á legalidade de igualdade e inclusión que se deriva dela. A Coordinadora Nacional de EU insta ao PP a rematar coa tentación intolerante e inquisitorial que latexa na súa cerna.

 

Relacionados