Esquerda Unida responsabiliza ao anteriores gobernos do PSOE da nova sentenza que ordena derribar o edifico, O TXSG impuxo as costas do proceso as tres partes que se opoñían ao derribo: Concello, empresa promotora e comunidade de propietarios. Pero o avogado xa advirte que no caso de que no se poda executar a sentenza, esixirá indemnizacións á promotora e Concello por intentar paralizar a demolición do edificio cos recursos presentados e que agora desestima.
En definitiva unha vez máis os coruñeses e coruñesas teremos que rascarnos os nosos petos para pagar indemnizacións por actuacións urbanísticas desafortunadas baseadas en intereses espurios.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia evidencia a política urbanística dos gobernos do PSOE coruñés baseada en chapuzas e pelotazos. Durante décadas os distintos gobernos do PSOE converteron a nosa cidade no “oeste do urbanismo”, na “cidade sen lei” onde unha casta de poderosos promotores camparon as súas anchas coa complicidade do concello. Este caso é un bo exemplo do modus operandi dos gobernos do PSOE, apesares de que no 2005 o TSXG anulou a licenza, o concello non foi quen de conseguir o proxecto de reforma da promotora nin de cobrar a sanción económica imposta. É dicir, unha vez máis os promotores fan o que queren nesta cidade.
EU alerta de que desgrazadamente existen moitos máis casos similares a este que cando a xustiza vaia ditaminando provocaran unha grave erosión patrimonial ao concello e, xa que logo, a todos os coruñeses e coruñesas. Semella necesario desenmascarar aos os culpables desta nova chapuza e paguen por ela.
O voceiro de EU-V, César Santiso, esixiu ao goberno municipal que abra unha investigación para depurar responsabilidades, en lugar de protexer ao exalcalde e os seus equipos de goberno das súas eivas urbanísticas.
César Santiso indicou “espero que esta vez o PP deixe de facer a pinza co PSOE e actúe con máxima transparencia, do contrario xa sabemos todos de que falaron Francisco Vázquez e Negreira no xantar deste fin de semana”.