O informe do que fala o Goberno Municipal lamentablemente non o temos os grupos políticos, dada a condición de xogador de vantaxe que adoita asumir o goberno do PP sexa cal for a materia que toque.
Javier Galán demandou que se faga entrega do informe técnico aos partidos políticos da oposición e reclama un compromiso firme e orzamentado do Goberno Municipal para que se reconstrúa o inmoble.
O novo edificio ten que ser o banco de probas que amose as potencialidades que acubilla a rehabilitación do barrio de Recimil, que vén sufrindo o desleixo duns gobernantes que semellan máis atentos a procurar unha oportunidade máis de negocio á burbulla do ladrillo, un dos elementos clave que explican a creba económica e a depauperación social que estamos a sufrir a cidadanía traballadora, que a garantir o futuro dun barrio incluído no catálogo de bens protexidos da Consellaria.
Ao través da deputada Yolanda Díaz, Vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), se rexistrou hoxe na Xunta de Galicia unha Interpelación para procurar que se rehabilite de xeito integral o barrio de Recimil, mediante o estabelecemento dun convenio entre Xunta, concello e Ministerio que permita sufragar o custo desa intervención, mesmo acudindo aos fondos europeos da UE.