Derrubo nave do mercado

 

Neste orzamento de 2011, Esquerda Unida determinou a consignación dunha partida orzamentaria para acometer as obras de derrubo da nave por importe de cen mil euros. É tempo de podelos empregar antes de que remate este mandato municipal.

 

Esquerda Unida considera necesario que o Goberno axilice as negociacións cos  cinco negocios que perviven ao  abeiro da nave para acadar unha solución satisfactoria para todos e que cumpra co fundamental, a demolición da nave, que semella un obstáculo inútil para reordenar o espazo urbano da baixa da cidade, ámbito cidadá preñado de posibilidades para desenvolver unha proposta de ocio relacional e de cultura, apostas de EU. Aposta que a nosa organización xa traduciu nunha primeira medida,  na consecución dos locais de ensaio nesa parte da cidade.

 

Yolanda Díaz insta ao Goberno Municipal a desenvolver con celeridade as tarefas que permitan a demolición da nave no máis breve espazo de tempo posible.  Hai unha partida orzamentaria disposta a petición de Esquerda Unida, que só espera o bo facer e a dilixencia do Goberno Municipal “, sinala a Voceira do Grupo Municipal de EU. Cómpre non deixar correr máis o tempo en contra da nosa cidade.

Relacionados