Desafiuzamentos

 

Acordo que implementa a moción aprobada en marzo de 2011 relativa a evitar que co gallo da crise se produzan máis desafiuzamentos na nosa cidade no caso das familias nas que a vivenda en cuestión sexa a súa residencia habitual.

 

Esta semana está previsto o lanzamento dunha familia, en concreto este mércores. Na rúa Soto, ás 11:00 horas, no barrio ferrolán de Esteiro hai a previsión do lanzamento dunha familia. Somentes unha reacción cidadá rápida combinada coas determinacións que se poidan adoptar no seo da devandita comisión municipal  pode evitar outro drama social. Xa que logo, EU pídelle ao Goberno que convoque coa máxima urxencia esta xuntanza cara a evitar outro novo drama familiar.

 

O Consello local de Esquerda Unida por boca do seu Coordinador local, Suso Basterrechea,  pídelle á cidadanía que arroupe este mércores á familia e evite así o seu posible desafiuzamento. “Son momentos para a solidariedade e a acción social, non para restarmos indiferentes á sorte da nosa veciñanza”  sinala o Coordinador local da formación política de esquerdas e ecoloxista.

 

Esquerda Unida considera que a constitución da comisión para evitar desafiuzamentos supón un elemento social de primeira magnitude que hai que utilizar ate o máximo das súas posibilidades na procura de acadar solucións non traumáticas nos casos de desafiuzamento.  Agora temos que empregar todos os recursos para evitar estas situacións inaceptables.

 

Son 250 as familias que  cada día perden a súa vivenda nun Estado que acumula 6 millóns de vivendas baleiras no meirande escándalo social da democracia. Son momentos, os actuais, para que o poder local actúe na defensa da súa veciñanza e fronte a cobiza antisocial das entidades financeiras, verdadeiras detonantes da actual crise económica e social, impoña un criterio social de protección da cidadanía máis feble.

 

Relacionados