Desafiuzamentos e plan “reconduce”

EU considera que o plan “reconduce” promovido pola Xunta de Galicia e asinado coas entidades bancarias, evita dar solución real ao problema dos desafiuzamentos. Os afectados o que precisan é “non ser expulsados dos seus fogares” en troques de axuda psicolóxica ou “palmadiñas no lombo”. Afortunadamente a cidadanía consciente e as plataformas cívicas como as PLATAFORMAS DE AFECTADOS POLAS HIPOTECAS saben que a mobilización é a acción directa son o único instrumento útil no momento concreto do desafiuzamento.

Para Esquerda Unida esta nova tipoloxía de desafiuzamento supón un novo golpe ao dereito á vivenda por parte do Goberno. Coa fórmula “dinamizar o mercado de aluguer”, o Goberno do PP impulsou unha nova vulneración do dereito á vivenda: cunha reforma que debilita aínda máis a posición dos inquilinos e inquilinas, criminaliza a falta de pagamentos por razóns de necesidade e facilitará os desafiuzamentos express.

No actual contexto de crise, os desaloxos por falta de pagamento da hipoteca e os desaloxos por falta de pagamento de aluguer son dúas caras dunha mesma moeda: a vivenda entendida como simple mercadoría.

Á traxedia dos desafiuzamentos por execucións hipotecarias, engadirase a daquelas persoas e familias que, no contexto da crise, son incapaces de pagar o aluguer. O Proxecto de Lei de Medidas de Flexibilización e Fomento do Mercado do Aluguer de Vivenda modifica a lexislación de arrendamentos urbanos e a lexislación de enxuiciamiento civil sen ter en conta a condición socio-económica dos inquilinos e inquilinas.

Por todo isto, Esquerda Unida participará activamente en calqueira acción cidadá de impedimento dos desafiuzamentos e anima á PAH a continuar coa súa imprescindible loita de sensibilización e dinamización da cidadanía contra esta lacra inhumana.

Relacionados