Javier Galán denunciou que a Participación Cidadá resta un espazo opaco, sen transparencia, adscrito á alcaldía e sen repercusión nunha comisión informativa, o que supón deixar desaparecida esta ferramenta clave para abordar de xeito plural e compartida para abordar as necesidades cidadás.
O Grupo Municipal pregúntase que vai ser dos Orzamentos Participativos neste exercicio, cando hai unha reserva de 3 millóns de euros conqueridos pola nosa organización na ulterior orzamento adoptado co PSOE, e vai mediado o ano sen que nada se teña feito para poñelos en marcha. Ao desleixo do PSOE segue a falla de resposta e o abandono do PP.
EU quere formular na vindeira reunión con todos os Grupos Municipais a necesidade e importancia de propiciar un traballo conxunto para desenvolver os contidos do novo Regulamento de Participación Cidadá, o desenvolvemento dos orzamentos participativos e en xeral o alento á cidadanía e entidades sociais para que reasuman todas as políticas de participación cidadá.
Nun intre onde a distancia entre gobernantes e gobernados é crítica como ben expresa ao movemento do 15 M, Esquerda Unida está certa que as posibilidades de empoderamento social que latexan nas políticas da DEMOCRACIA PARTICIPATIVA constitúen elementos de primeira magnitude para transformar a nosa sociedade e conquerir unha saída real e de esquerdas á crise da globalización capitalista.