Descampado CIFP Someso

Logo da exitosa Asemblea de barrio desenvolvida fai uns días, o noso grupo municipal puido constatar as grandes necesidades en canto a dotacións, equipamento e infraestruturas básicas que necesita o Barrio.

Esquerda Unida denuncia a falta de acondiconamento do descampado próximo ao CIFP Someso, centro de formación chamado tradicionalmente a acelerada. Este descampado, que carece de asfaltado e iluminación adecuada, utilízase como aparcadoiro polos profesores e estudantes do centro, mais a veciñanza denuncia que tamén é utilizado como punto de distribución de drogas a pequena escala.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón recuperar o espazo para construír algúns dos equipamentos dos que carece a zona, logo de asfaltalo e instalar a iluminación adecuada.

Asemade, solicitamos ao goberno municipal que inicie as negociacións oportunas coa compañía de tranvías para aumentar as frecuencias dos autobuses que teñen como destino o CIFP Someso, xa que a cadencia actual (un autobús por hora) non é suficiente e moitos profesores e alumnos teñen que desprazarse nos seus automóbiles particulares.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “preguntaremos ao Goberno municipal no Pleno do Concello por esta situación, tal e como acordou democraticamente a veciñanza na Asemblea de barrio.

Relacionados