Descargas a ceo aberto

Esquerda Unida esixe maior protección da saúde da veciñanza da coruñesa diante da pasividade do goberno municipal. Semella preocupante observar como en tan so dous anos incrementouse nun 80% os días que se superou o límite apesares do descenso da actividade económica por mor da crise, así como a redución do uso de vehículos privados.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a permisividade goberno local diante das constantes descargas a ceo aberto no porto amosa as prioridades do PP que antepón os beneficios das empresas ao benestar da cidadanía, si ven é certo que non se incumpre a normativa europea que permite superar os límites durante 35 días, tamén o é que os poderes públicos deben velar pola saúde e seguridade da cidadanía e no caso do concello da Coruña.

Asemade, resulta paradigmático que apesares de que se coñeza a causa que provoca que se superen os límites, non se este a aplicar ningún tipo de medida dende o Concello.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno municipal obvia as constantes denuncias da veciñanza dos Castros, o que provoca que moitos veciños e veciñas vexan agravados os seus problemas respiratorios e alérxicos”

Relacionados