Descenso do emprego feminino

Pero as políticas da dereita extrema provocaron unha extensión da crise a todas as actividades, incluíndo os servizos onde hai unha maior presenza do traballo feminino. Segundo datos do IGE de xaneiro de 2013, no conxunto de servizos hai case 15.000 mulleres en paro, unha cifra que equivale ao 75% do total do paro feminino. Por iso, Esquerda Unida denuncia que o ano 2012 foi o peor, en termos laborais, para as mulleres que viven e traballan na comarca da Coruña, pero se non cambian as cousas o 2013 aínda será peor.

Por outra banda, a maior parte dos contratos temporais son desempeñados por mulleres. Estas están sometidas a unha intensa rotación laboral entre o emprego eventual e o paro. No 2012, menos do 5% dos contratos asinados por mulleres foron de carácter indefinido; xa que logo, máis do 95% da contratación inicial foi temporal ou precaria. Pola contra os contratos formativos que serven para integrar á mocidade apenas existe só son un 0.9% do total da contratación.

En base ao anterior, cómpre lembrar que os obxectivos do PP coa reforma laboral eran combater a inestabilidade laboral e potenciar a estabilidade no emprego. Pois ben, facendo unha análise dos datos no mercado de traballo local podemos desmentir de forma rotunda este discurso, porque en 2012 a precariedade máis absoluta segue dominando a contratación das mulleres traballadoras. O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao goberno municipal a fomentar políticas de emprego local que inclúan como obxectivo aumentar a participación das mulleres no mercado laboral.

En definitiva, o 2012 foi un ano desastroso para as traballadoras da Coruña. O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ” a crise levou por diante 3.000 empregos ocupados por mulleres na Coruña o que provocou que o emprego feminino total estea xa por debaixo do que había en 2009 ”. Pero o máis preocupante deste dato é que posiblemente supón ruptura na dinámica anterior que anticipa máis problemas de emprego para as mulleres.

Relacionados