Descentralización do servizo de grúa

 

Esquerda Unida considera acertada a decisión de descentralizar o servizo de grúa para axilizalo. Con todo, a devandita decisión non terá un impacto salientábel sobre a mobilidade na Coruña se non ben da man dun Plan Integral de Mobilidade Universal es Sostíbel (PIMUS) participado pola cidadanía, que permita reducir o uso do vehículo privado promovendo os desprazamentos a pe, o uso da bicicleta e a utilización do transporte público colectivo facéndoo máis atractivo a veciñanza mediante o seu abaratamento e a mellora do seu rendemento.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que tamén debería cambiarse a localización do depósito de vehículos para reducir tempos e gañar en eficacia. Habida conta que a localización actual no Martinete, obriga en moitas ocasións a incorporarse por Alfonso Molina, onde os atascos prodúcense con regularidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, saudou a iniciativa do tenente alcalde de seguridade cidadá e mobilidade, Julio Flores, e indicou “será unha medida efectiva para loitar contra a dobre fila e mellorar a mobilidade na nosa cidade”.

 

César Santiso recordou que a devandita medida xa a tiña incorporada EU-V no seu programa, xunto coa ampliación do cadro de persoal de policías locais e unha reorganización integral do servizo para mellorar a súa eficiencia de maneira notable.

Relacionados