Desconto recibo do lixo

Esquerda Unida esixe ao goberno municipal que desconte ao coruñeses do recibo do lixo os días da folga, pois o Concello non pode cobrar por un servizo que non se está a producir cun mínimo de calidade aceptable. Segundo Cepsa, a concesionaria da recollida do lixo, cada día acumúlanse na nosa cidade a causa da folga  unhas 25 toneladas de refugallos, así que a día de hoxe xa son máis de 250 toneladas de lixo coas que ten que convivir á veciñanza.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que desde que comezou a folga Albada so reciclou o 5% dos refugallos que se depositaron en Nostian polo que insta ao goberno local a descontar a concesionaria os días de folga por incumprimento de contrato. Así, faríase xustiza o Concello non cobra á veciñanza polo días de folga debido as graves eivas do servizo, pero polo mesmo motivo tampouco paga á empresa concesionaria polo que non se erosionarían as arcas municipais. Porque non hai que esquecer que tal e como está agora a situación, coa folga perdemos todos menos a empresa: á cidadanía que temos que soportar unha situación caótica, o goberno municipal recibe un importante desgastes, o cadro de persoal de Albada que no cobra mentres está en folga. Mentres, a concesionaria estase a aforrar os custes do cadro de persoal que está en folga.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno municipal está a amosar a súa absoluta incapacidade para manexar conflitos, nestes 10 días de folga o PP limitouse a sacar comunicados propagandísticos mentres a imaxe da cidade cae a golpe de cheiro”. Independentes da nula capacidade de diálogo amosada polo goberno local queda claro que o Concello debe de dotarse de mecanismos legais que permita a súa intervención directa, xa que logo, cada día que pasa semella máis necesaria e apropiada a medida que propoñemos de desenvolver cláusulas que permitan a intervención e mediación do Concello nos conflitos laborais das concesionarias de servizos municipais, proposta que nos comprometemos a executar no caso de ter capacidade de influencia na gobernanza da Coruña, porque para Para EU non valen as desculpas que hoxe da o PP e onte daba o PSOE, escudándose en que é un conflito laboral que teñen que resolver entre empresa e traballadores, porque apesares de estar externalizado, trátase dun servizo público que ten que ofrecer o concello á cidadanía. Xa que logo, Albada é a culpable da situación pero o goberno municipal é  responsable debido a súa inacción.

Relacionados