Descontrol ORA

Esquerda Unida esixe ao goberno municipal que faga público o informe da ORA iniciado en 2011. Coma no caso dos informes da planta de reciclaxe de Albada, o goberno municipal mantén agochada a información sobre a ORA. Aínda que EU xa presentou formalmente solicitude formal de acceso a dita información, como parte da nosa labor de control e agardamos contestación, entendemos que esta debe pública para toda a cidadanía, así como o debate sobre as medidas a adoptar. O contrato asinado polo goberno do PSOE no 2005 supón un auténtico escándalo e unha estafa para os coruñeses e coruñesas, que viron como ano tras ano tiveron que afrontar cos seus petos as supostas perdas, a razón de 1300 euros diarios por un servizo que tiña que dar beneficio económico ao concello. Até propios directivos de Vendex, tal e como recolle o sumario da Pokemon, poñían o contrato da ORA na Coruña como exemplo de contrato lucrativo para a empresa, inentando asinar noutros concellos outros similares.

Lamentablemente todo apunta a que a investigación da ORA, que agora o goberno municipal defende que iniciou para “controlar dubidosas contas”, responde a unha petición de Vendex de mediados de 2011, que segundo recoñece alcaldía cristalizou na regularización do contrato con suba de tarifa e prezos. O que non houbo un verdadeiro control contable, a pesar das sospeitosas perdas da empresa. A única medida en dous anos no sentido de control foi utilizar “algúns parkímetros” para facer unha estimación de recadación dos demais, unha medida insuficiente e pouco efectiva contra o fraude.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes subliña que o exconcelleiro Eduardo Blanco recoñece que os pregos de contratación non se elaboran como deberan, algo que temos denunciado como práctica habitual dos gobernos municipais de PP e PSOE. As recentes declaracións do exconcelleiro do PSOE avalan as denuncias que EU mantén sobre as sospeitosas condicións coas que se contrata na cidade. Durante trinta anos o Concello mantivo un mesmo xefe de contratación que accedeu a realizar contratos como o da ORA, este instruíu no concello á actual funcionaria do posto para substituílo, unha das imputadas, da que as gravacións reflicten conversacións moi graves con Tutor sobre contratos, como “arreglamos de aquí y de allá y de puta madre”.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indica que “Negreira non poderá agochar a información por máis tempo e ante os feitos, se de verdade ten algunha vontade de atopar solucións, debe facer públicos os datos da ORA de inmediato”.

Relacionados