Desemprego e diáspora

Só o 21,9 por cento das galegas e galegos menores de 30 anos poden emanciparse xa que a cifra de persoas que si viven independentes empeorou case un 11,5 por cento nun só ano. A situación é peor entre os menores de 25 ano e se da un empeoramento entre os maiores de 30 anos, non considerados xa “novos e novas” pero que están tendo que voltar, en moitos casos ao fogar paterno por imposibilidade de custearse o propio.

Esta terrible realidade relaciónase de facto coas taxas de paro xuvenís, os baixos salarios e a dificultade de acceso á vivenda. O desemprego e inactividade aumentaron máis dun 3 por cento o último ano cun 22 por cento das mozas e mozos en paro e o emprego de longa duración afecta a case o 49 por cento. A isto súmase que o 92 por cento do emprego creado foi temporal, o que se traduce nunha imposibilidade para facer plans a medio prazo e as mozas e mozos vense condeados a non poder formar un fogar propio. Por outra banda, a emigración ao extranxeiro aumentou case un 23 por cento nun só ano e a emigración a outros puntos do Estado tamén permanece en claro ascenso.

A responsabilidade do Goberno é clara e a súa incapacidade para xerar emprego estable e de calidade está a obrigar á precariedade e á emigración a milleiros de mozas e mozos galegos que teñen que padecer a explotación laboral en condicións lamentables e con salarios irrisorios e no peor dos casos a expulsión forzosa do seu país para “buscarse a vida” ante a imposibilidade de traballar na súa terra.

 

Con estes datos sobre a mesa semella unha mofa que a Xunta de Galicia xogue a publicar campañas natalistas cando as mozas e mozos nin sequera se  poden independizar ou pretendan que volten ao rural cando a propia Xunta é incapaz de xerar emprego e as consicións adecuadas para que isto suceda.

Relacionados