Desidia Concello co Crico Artesáns

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera unha desidia que o goberno local se negase tan sequera a debater unha moción para que o concello axilizase o pagamento que se debe ao Circo de Artesáns. Sociedade que se atopa totalmente afogada economicamente que lle impide facer fronte aos custos de mantemento da instalacións e o pagamento dos salarios do cadro de persoal, debido ao grande descenso de socios, de 3.300 nos anos 80 aos actuais 160. Mais non debemos esquecer que forma parte da historia viva da nosa cidade, non en vano a súa fundación data do ano 1847, sendo na actualidade a sociedade en activo máis antiga da nosa cidade. Non cabe dúbida de que o Circo de Artesáns é unha das sociedades máis emblemáticas da Coruña, basta dicir que os tradicionais apropósitos coruñeses de Carnaval teñen os seus orixes nesta sociedade que dispón dunha importante biblioteca cuxa catalogación data de principios do século pasado. A mesma “Universidade Popular” ten os seus orixes na sociedade, así como entidades tan importantes como a Real Academia Galega ou a Asociación da Prensa.

 

Esquerda Unida acusa ao Goberno municipal de profundar a extrema situación económica do cadro de persoal do circo de artesáns, que levan catro meses se cobrar e teñen pendente media paga extra do Nadal, o que lles obriga aos 6 traballadores e traballadoras a pedir cartos aos seus familiares para poder subsistir e incluso, nalgúns casos, están a ver perigar a súa propia  vivenda debido á devolución de recibos da hipoteca, baixo ameaza incluso de ser incorporados no arquivo de morosos.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Concello ten pendente de pago os 21.000 € correspondentes ao segundo trimestre de 2012 do convenio, mentres os traballadores e traballadoras non cobran. Está claro que o Concello non é o responsábel desta situación, máis logo de asinar o convenio de colaboración co Circo de Artesáns, ten certo grado de correspoonsabilidade na grave situación que están a vivir os seus traballadores e traballadoras polo que debe actuar con dilixencia e responsabilidade”.

 

César Santiso afirmou “Non podemos considerar bos gobernantes a aqueles que non miran polo ben da cidadanía á que representan”, ao tempo que se preguntaba “por qué o Goberno do PP obvia a estas familias traballadoras, cando está na súa man paliar a súa grave situación sen incrementar o gasto do Concello?”.

Relacionados