Desigualdade entre barrios

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”levamos anos denunciando o desigual trato entre barrios, tanto por parte do PSOE como do PP, afirmamos que hai barrios de primeira e outros de terceira, so hai que dar un paseo polos barrios periféricos para observar a falta de infraestruturas, de mantemento e incluso de desenvolvemento e inseguridade viaria dalgúns barrios como o Birloque, Novo Mesoiro, Castrillón, Ventorrillo, Os Castros, Elviña ou San Cristovo das Viñas.

A desigualdade nos barrios que amosa a enquisa de Coruña Futura da a razón a Esquerda Unida e desacredita ao goberno municipal, quen con as súas actuacións está a favorecer o desequilibrio entre barrios apesares que a cidadanía considera prioritario acadar ese equilibro tal e como reflicten as enquisas de Coruña Futura. A dita enquisa amosa como neste apartado o concello recibe un suspenso

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que mentres os barrios periféricos incrementan a súa poboación en detrimento da zona centro que ten a mellor puntuación en canto a excelencia o goberno local focaliza o seu esforzo inversor no centro como demostra o PEPRI que acaparará 16,2 millóns de euros das arcas do concello nos vindeiros anos, mentres nos barrios periféricos non se resolveran nin os problemas de primeira necesidade por “falta de cartos”. Queda claro que o goberno local comete un grave e inxusto erro ao non ter en conta nas súas actuacións os fluxos de poboación da última década que afectaron profundamente ao desenvolvemento da cidade. Neste sentido semella paradigmático que a pesares de que os barrios periféricos están a experimentar un importante incremento demográfico, atópanse cun grande déficit tanto a nivel de infraestruturas como de mobilidade.

Finalmente, César Santiso subliñou que “o goberno do PP obvia a realidade demográfica e centra os seus investimentos no centro da cidade, con esta actitude castiga aos barrios nos que maioritariamente se asentas as familias traballadoras coruñesas, outra forma de fomentar a desigualdade a que nos ten acostumados o PP”.

 

Relacionados