Moléstalles esa concentración de traballadoras e traballadores, cunha boa formación, quen de producir riqueza social e de defender con conciencia de clase os intereses xerais do seu traballo e de Ferrolterra.
Suso Basterrechea denuncia que nos atopamos diante dun goberno axeonllado perante unha ortodoxia neoliberal que demanda sacrificios humanos, esperanza, proxectos de vida e o futuro dunha comarca enteira.
O floteis están nun limbo que ninguén clarexa, o dique non ten orzamento malia as promesas reiteradas do PP feitas para gañar corruptamente as eleccións, e o goberno minte primeiro e só a remolque dos propios desmentidos da Comisión Europea vai realizar aínda agora una consulta á Bruxelas: queren acabar co sector naval público, é a única explicación coherente de semellante fato de despropósitos, mentiras e deixadeces.
Moito nos tememos que o chamado plan de viabilidade sexa a expresión doce dunha nova xeira de despedimentos e dos recortes nas condicións laborais.
Esquerda Unida chama a una acción conxunta e unitaria da cidadanía traballadora para derrotar os plans de ruína e privatización do PP. A rebeldía democrática dun pobo que quere vivir vai poder máis que os intereses espurios duns gobernantes obedientes co deus mercado.